Os Bolechas de Chispa a Tatá

Fecha/Hora
Fecha(s) - 21/10/2017
18:30 - 19:30

Os Bolechas voltan a Padrón da man do programa de dinamización lingüística FalaRedes.

Sábado 21 de outubro ás 18:30h no Auditorio Municipal de Padrón

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.