A directora de Turismo de Galicia presenta en Padrón a guía ‘Lugares Xacobeos en Compostela e a súa contorna’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o alcalde do concello de Padrón, Antonio Fernández, presentaron esta mañá no dito municipio coruñés a guía ‘Lugares Xacobeos en Compostela e a súa contorna’.

No acto, a responsable de Turismo da Xunta de Galicia explicou que se trata dunha publicación que recolle os lugares máis importantes ou singulares relacionados co mundo xacobeo. “Monumentos e recunchos que con esa maxia especial perduran no recordo dos miles de peregrinos que cada ano realizan esta ruta de peregrinación”, engadiu.

Segundo sinalou Nava Castro, o obxectivo desta guía é facer, a través das súas máis de corenta páxinas, un repaso polos numerosos vínculos xacobeos que acolle a meta do Camiño de Santiago e os seus municipios veciños.

Mais información en Turismo de Galicia