Aforo completo na Ruta dos Pazos

No día de hoxe comunicámoslles a todos e todas que xa se completou o número de prazas provistas para a primeira Ruta dos Pazos que se vai celebrar este luns 18.

Desde o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018 damos as grazas polo interese amosado e pola participación que fará desta experiencia un éxito asegurado.

Agardamos que, dada esta afluencia, poidamos celebrar no futuro unha repetición da ruta, para que poidan acudir aqueles e aquelas que desta vez non entraron antes de que se completase a lista. Estade atentos á páxina web de Terras de Iria e as nosas redes socias (Facebook, Twitter).

Moitas grazas pola vosa atención e colaboración!