Padrón, Ames e Brión converten os escenarios vitais de Rosalía de Castro nunha atractiva ruta turística

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Ames, José Miñones, e Brión, José Luis García, presentaron hoxe en Madrid na Feira Internacional de Turismo (Fitur) unha nova ruta turística denominada “As pegadas de Rosalía” que invita aos visitantes a coñecer diferentes escenarios vitais da poetisa. No acto de presentación tamén […]

Padrón asesorou entre xuño e agosto a casi 25.000 turistas

A Oficina de Turismo do Concello de Padrón atendeu durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano a un total de 24.809 persoas, 2.850 deles no stand que tivo aberto na feira Turexpo de Silleda. A cifra supón un incremento con respecto ao ano pasado, cando nese mesmo período asesorou a 20.398 visitantes, […]

Padrón acolle en outubro as sétimas xornadas #SaboreaPadrón, con 11 locais participantes

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Turismo, Lorena Couso, presentaron hoxe a sétima edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón, que se desenvolverán os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro e que contarán coa participación de 11 establecementos hostaleiros ofrecendo petiscos a 2 euros. Nesta ocasión a […]

Un Santiaguiño dos bos

A praia non poido onte coa romaría do Santiaguiño do Monte de Padrón. A partir das doce e media da maña, o monte foise enchendo pouco a pouco de romeiros e do ambiente, como nos bos anos da celebración. Moitos subiron á área recreativa en coche, pero tamén houbo quen o fixo polas escaleiras, pese […]