Arquitectura civil

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura civil

  • Miniatura
    0

    Pazo do Faramello

    A orixe desta casa está nunha fábrica de papel que crearon Bartolomeu Piombino e Xosé Gambino en 1710. Cabe destacar que parte da coñecida novela “La casa de la Troya”, de Pérez Lugín, publicada por primeira vez en 1915, desenvólvese no Faramello.

  • Miniatura
    0

    Pazo de Lestrove

    Construido no s. XVI foi lugar de descanso dos arzobispos composteláns. No interior da capela consérvase unha impresionante talla da Dolorosa, obra do escultor Ferreiro.

  • Miniatura
    0

    Fonte do Carme

    Construida por Pedro da Bárcena en 1577 consta de tres corpos, a Virxe das Dores, a Traslación do Apóstolo Santiago polos seus discípulos e o Bautismo á Reina Lupa polo Apóstolo Santiago.

  • Miniatura
    0

    Pazo do Bispo de Quito

    Construído en 1666, este edificio renacentista obra de Melchor Velasco Agüero, foi propiedade de Alonso de la Peña e Montenegro, bispo e reitor da Universidade de Santiago de Compostela e capitán xeral en Quito, onde faleceu en 1688.

  • Miniatura
    0

    Ponte Romana

    Construido entre os anos 25 a.C. e o século I d.C. sendo o emperador de Roma Octavio Augusto. Vía de comunicación de máxima importancia, a reforma máis importante dende a súa construcción foi realizada polo Maestro Mateo no ano 1.161, autor do Pórtico da Gloria.

  • Miniatura
    0

    Pazo da Hermida

    O pazo da Hermida é patrimonio histórico coa categoría de monumento. É un dos lugares máis representativos de Dodro. Tivo a súa orixe no século XII coa construción das torres de Lestrove, con función defensiva da Ría de Arousa.

  • Miniatura
    0

    Pazo de Antequeira

    Construído no mesmo lugar onde había unha casa grande fundada por Xoán Núñez Vello, antes do 1688. O actual edificio ergueuse por orde de Vicente F. Calderón, segundo conde de San Xoán e vizconde de San Vicente. Ademais da vivenda do pazo, á dereita da fachada principal está a capela.