Que visitar

Está vostede aquí Portada  > Que visitar

  • Miniatura
    0

    Pazo da Hermida

    O pazo da Hermida é patrimonio histórico coa categoría de monumento. É un dos lugares máis representativos de Dodro. Tivo a súa orixe no século XII coa construción das torres de Lestrove, con función defensiva da Ría de Arousa.

  • Miniatura
    0

    Xardín Botánico-Artístico de Padrón

    Neste recuncho cheo de maxia escóndense verdadeiras xoias naturais das que xa gozaba a nosa escritora máis querida e popular, Rosalía de Castro, onde escribía versos baixo a sombra dunha sequoia que leva o seu nome. Este espazo está considerado un dos xardíns máis antigos de España e forma parte do patrimonio artístico, obtendo gran protagonismo que ten na vida lúdica e recreativa de Terras de Iria.

  • Miniatura
    0

    Brañas de Laíño

    As Brañas de Laíño son unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia e albergan unha riqueza ambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede natura 2000.

  • Miniatura
    0

    Área recreativa de Santiaguiño do Monte

    Un entorno incomparable pra pasar unha tarde do máis entretenida posible coa familia e amigos, con mesas, barbacoas, fontes, parque infantil….
    Na Área ubicase a Ermita de Santiaguiño, da cual se descoñece a data de construcción, pero no S.XV Rodrigo de Luna impulsa a súa reconstrucción.

  • Miniatura
    0

    Praia Fluvial de Seira

    A frescura que posúen estas paisaxes naturais, rodeadas de árbores, da claridade das augas e do silencio, fan deste lugar unha parada obrigatoria dentro do concello de Rois.

  • Miniatura
    0

    O Espolón

    Baixo este arboredo todos os domingos do ano, dende a Idade Media, celébrase un mercado típico, actividade que domingo tras domingo atrae miles de persoas de toda Galicia.

  • Miniatura
    0

    Fonte do Carme

    Construida por Pedro da Bárcena en 1577 consta de tres corpos, a Virxe das Dores, a Traslación do Apóstolo Santiago polos seus discípulos e o Bautismo á Reina Lupa polo Apóstolo Santiago.

  • Miniatura
    0

    Pazo do Bispo de Quito

    Construído en 1666, este edificio renacentista obra de Melchor Velasco Agüero, foi propiedade de Alonso de la Peña e Montenegro, bispo e reitor da Universidade de Santiago de Compostela e capitán xeral en Quito, onde faleceu en 1688.

  • Miniatura
    0

    Ponte Romana

    Construido entre os anos 25 a.C. e o século I d.C. sendo o emperador de Roma Octavio Augusto. Vía de comunicación de máxima importancia, a reforma máis importante dende a súa construcción foi realizada polo Maestro Mateo no ano 1.161, autor do Pórtico da Gloria.

  • Miniatura
    0

    Pazo de Antequeira

    Construído no mesmo lugar onde había unha casa grande fundada por Xoán Núñez Vello, antes do 1688. O actual edificio ergueuse por orde de Vicente F. Calderón, segundo conde de San Xoán e vizconde de San Vicente. Ademais da vivenda do pazo, á dereita da fachada principal está a capela.

  • Miniatura
    0

    Casa Museo Rosalía de Castro

    Dende a súa apertura ao público, a Casa Museo Rosalía de Castro convertiuse nunha referencia emblemática da cultura galega xa que é a casa que garda a memoria de quen é considerada a escritora nacional de Galicia.

  • Miniatura
    0

    Fundación P.G. Camilo José Cela

    O célebre escritor Camilo José Cela, escolleu a terra que o viu crecer para crear o seu maior desexo, a sede da súa Fundación, que albergaría toda a súa obra, os seus manuscritos, as suas coleccións privadas,e a súa propia vida.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Lourenzo de Seira

    Seira é a comunidade parroquial máis antiga do concello de Rois, pois non hai moitos anos que no seu adro se atopou unha tapa de sarcófago de datas comprendidas entre o S. VI e S.VII.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Mamede de Rois

    Esta igrexa ten a particularidade de que é a única entre as igrexas deste concello na que a torre campanario empeza dende o chan, separada a case dous metros da parede, formando un pórtico.

  • Miniatura
    0

    O Pedrón

    O Pedrón, segundo conta a tradición xacobea, é onde foi amarrada a barca que trasladou dende Palestina os restos do Apóstolo Santiago.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de Santa María de Oín

    Posúe tres retablos, o do presbiterio que é moderno e dous laterais neoclásicos, o da virxe das Dores, na capela, e o de Santo Antonio.

  • Miniatura
    0

    Convento do Carme

    Edificio construído a comenzos do S.XVIII sobre roca viva, e de estilo neoclásico, sendo os seus primeiros habitantes os Carmelitas Descalzos.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de Santa María de Leroño

    Construcción que se sitúa na segunda metade del S. XII, a nave conserva as ventás orixinais, así como unha porta lateral con arco de descarga.

  • Miniatura
    0

    Convento de San Antonio de Herbón

    Neste val bañado polas augas cristalinas do Sar e do Ulla instalouse a orde franciscana en 1396, e perdurou no tempo durante máis de seis séculos, chegando aos nosos días.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Pedro de Herbogo

    Ten unha planta de cruz latina. A actual obra empezou no ano 1715, aproveitando como materiais construtivos restos antigos, posiblemente xa empregados na igrexa anterior, como acontece cunha ara romana e unha inscrición, quizais tamén da mesma época, que se ven no exterior da capela correspondente ao lado do evanxeo, a parte máis antiga do […]

  • Miniatura
    0

    Igrexa de Santiago

    Igrexa de estilo neoclásico, dentro dos seus grosos muros atopámonos con mostras de outros templos levantados anteriormente. O templo foi levantado polo arzobispo Xelmírez en 1133.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de Sta. María de Herbón

    Edificio do século XII, foi mandado construir polo Obispo Xelmírez. Dunha soa nave, contrafortes e decoración do románico compostelán, aínda que ao visitante o que máis lle atrae e cultiva é a altura do mesmo.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Xoan de Buxán

    A planta da igrexa é rectangular, de case 23 metros de longo por 6 de ancho. Por tradición, os veciños din que a igrexa antiga estaba situada no lugar de Aldea Grande.

  • Miniatura
    0

    Santuario de A Escravitude

    Este santuario comezouse a edificar grazas ao carro de bois que o camiñante donou pra tal obra, que rematou en 1886. Temos que resaltar a fuente que está baixo as suas impresionantes escalinatas, da que narra unha interesante e milagrosa historia…

  • Miniatura
    0

    Cruz de O Abelán

    Fermoso cruceiro de capela do S.XVII. Este elemento arquitectónico conta cunha grosa columna onde se alza unha pequeña capela coroada por un Cristo.

  • Miniatura
    0

    Cruceiro de Fondo da Vila

    Doado por Juan Loreda no S.XV, figuran nel representacións alegóricas: caveiras, tibias, píntegas e outros animais, ademáis da representación de San Xoán e do Apóstolo no fuste.

  • Miniatura
    0

    Vía Crucis de Sorribas

    Obra de 1698 que conta cun total de doce estacións, un calvario formado por tres cruceiros, dous de ladróns e o central coa representación de Cristo crucificado situado nun paraxe natural de extrema beleza.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Vicente de Augasantas

    A construción do actual edificio ten a súa orixe nun manancial de auga ao que se lle atribúen certos poderes curativos, que xermola a poucos metros da fachada.

  • Miniatura
    0

    Igrexa de San Xián de Laíño

    Igrexa parroquial do S XVIII. No seu interior atópase un retablo maior e dous laterales, un adicado ao Divino Redentor e outro á Virxe das Dores.

  • Miniatura
    0

    Pazo de Lestrove

    Construido no s. XVI foi lugar de descanso dos arzobispos composteláns. No interior da capela consérvase unha impresionante talla da Dolorosa, obra do escultor Ferreiro.

  • Miniatura
    0

    Pazo do Faramello

    A orixe desta casa está nunha fábrica de papel que crearon Bartolomeu Piombino e Xosé Gambino en 1710. Cabe destacar que parte da coñecida novela “La casa de la Troya”, de Pérez Lugín, publicada por primeira vez en 1915, desenvólvese no Faramello.