Chega a Ruta dos Pazos de Terras de Iria!

Hola a todas e todos!

Desde o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil (Xuventude en Acción 2018 Rois, Padrón e Dodro) estamos a organizar unha ruta que percorrerá os pazos da nosa comarca de Terras de Iria e á que poden asistir calquera que estea interesado/a.

Os puntos principais a visitar serán: Convento do Carme, pazo do Faramello, pazo de A Retén, pazo de Lestrove, e pazo de Antequeira, e algunha cousa máis, que poderedes descubrir se vos unides á nosa travesía!
A aventura terá lugar este luns 18 de febreiro ás 9.30 horas. Sairemos en autobús desde o edificio de multiusos de Rois, que tamén será o punto de chegada. A duración da visita será de 3 horas aproximadamente.

A actividade será totalmente gratuíta e poderedes unirvos a ela chamando ao teléfono 981 816 061. Bulide, xa que o número de prazas é limitado e se reservarán por rigurosa orde de inscrición!