Cifra histórica en Padrón con mais 37.000 visitantes en el 2016

O municipio rexistra o maior número de visitantes ao seu paso pola Oficina de turismo da localidade.   

Padrón pechou 2016 cun aumento importante de visitantes, un total de 37.133. Así, o reflicte o informe elaborado polo técnico municipal de turismo, no que se menciona tamén que un 87% visitou o municipio por primeira vez, fronte a un 13% que xa o coñecía de estancias anteriores. Os datos sitúan ao Camiño de Santiago coma un dos motivos principais polo que percorrer o municipio (37%), dato que se incrementou ao do 2015 que era un 22%.  Así, a información recadada amosa que o concello recupera peso na tradición xacobea e as medidas de promoción cumpren coa intencionalidade de atraer novos visitantes.

Os turistas que se achegan a Padrón comprenden as idades de 36 a 60 anos principalmente, representando un 41% do total. Ademais do Camiño de Santiago, as recomendacións e a gastronomía son outros dos motivos polos que os acoden á vila, cun 26% e 21 % respectivamente.

En canto á súa procedencia, un 83% dos visitantes son nacionais, fronte a un 17% que proceden do estranxeiro.  Dentro destes, o 91% son europeos, principalmente portugueses, alemán e franceses. O 6% procede de América, sobre todo de Canadá, Estados Unidos, e México, fronte ao 3% restante que provén de países do continente africano ou asiático, coma Xapón, Líbano, China, Sudáfrica, Israel ou Corea. Ou tan dispares coma a Antártida ou Dubai.

O número de persoas que se achegaron á Oficina de Turismo foi un total de 37.133 visitantes, fronte aos 34.499 que se achegaron no 2015. Madrid, Andalucía, Asturias e Castela e León son, nesta orde, as comunidades das que se recibe maior número de visitantes.

O 79% da información que se proporciona desde a oficina de turismo é sobre Padrón e os arredores. O 21% restante, corresponde a información doutras partes de Galicia, tentando así dar un servizo o máis completo posible.

Un ano máis a oferta turística e cultural de Padrón estará presente no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid este mes. Toda persoa que se achegue poderá atopar folletos informativos, planos da vila e material que resalta os atractivos padroneses. Ao longo do ano, Padrón tamén estará presente noutras feiras tanto nacionais coma internacionais.