Comeza a rehabilitación da casa dos capelláns de Iria

Unha grúa de grandes dimensións traballa na antiga casa dos capelláns de Iria-Flavia, no municipio de Padrón, concretamente, na limpeza e desescombro do inmoble en ruina, antes de proceder ao asentamento dos muros e a os traballos de rehabilitación.

O Concello padronés adxudicou a obra á empresa Construcciones Iglesias Mera, con sede en O Milladoiro, en Ames, que foi seleccionada entre as oito que se presentaron ao concurso público. O prazo de execución é de sete meses, ata xuño de 2017 e a inversión final ascende a 421.282,58 euros.

A financiación corre a cargo do Programa de Conservación do Patrimonio Histórico Español, concretamente, do chamado 1,5 % Cultural, que aporta o Ministerio de Fomento para aqueles bens declarados de interese cultural (BIC) que se ubican nos municipios que teñen obras do AVE, como o caso de Padrón.

Máis información en La Voz de Galicia