Domingo de Pascua - Padrón 2018

Data/Hora
Fecha(s) - 01/04/2018
Todos el día

Domingo 1 de abril (Domingo de Pascua)

  • 9.00 horas: Inauguración da tradicional Feira Cabalar, no Campo da Barca.
  • Inscricións nos concursos morfolóxicos
  • Apertura da XLVIII Feira-Exposición de Maquinaria Agrícola e  Industrial, detrás do campo de fútbol (a carón da Gardaría Municipal).
  • 10.00 horas: Feira Cabalar. Concurso morfolóxico de Pura Raza Española (PRE): poldros ata 3 anos, poldras ata 3 anos, eguas de 4 anos  en adiante e sementais de 4 anos en adiante. Premios especiais  aos mellores movementos e ao mellor exemplar criado en Galicia.
  • II Campionato Pascua de Padrón de Agility, no campo de fútbol  do Souto (entrada gratuíta). Torneo puntuable pola Federación  Galega de Agility. Probas de superación de circuítos e exhibición  de Mantrailing por parte da Unidade Canina de Rescate (UCAR) de Padrón.
  • 11.00 horas: Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón
  • 11.30 horas: Pasarrúas a cargo do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas padronesas
  • Feira Cabalar. Espectáculo ecuestre de doma clásica a cargo de  Alejandro Nande (integrante do equipo español).
  • 12.00 horas: Feira Cabalar. Concurso morfolóxico de cruzados: poldros ata 3 anos, poldras ata 3 anos, eguas de 4 anos en adiante e  sementais de 4 anos en adiante. Premios especiais aos mellores movementos e ao mellor exemplar criado en Galicia.
  • 13.30 horas: Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón, na Praza de Macías
  • Feira Cabalar. Espectáculo ecuestre de doma vaqueira.
  • 14.00 horas: Feira Cabalar. Exhibición de horseball (baloncesto a cabalo) con         integrantes da Selección Galega.
  • Inscrición no concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe (PRA)
  • 14.40 horas: Feira Cabalar. Carrusel de doma, a cargo dos Cabaleiros do Salnés
  • 15.00 horas: Concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe (PRA): poldros ata 3 anos, poldras ata 3 anos, eguas de 4 anos en adiante e sementais de 4 anos en adiante. Premios especiais aos mellores movementos e ao mellor exemplar criado en Galicia.
  • 17.00 horas: Continuación do II Campionato Pascua de Padrón de Agility, na zona da Barca. Exhibición de detección de substancias a cargo de Cans GTC Euskogal e probas de superación de circuítos
  • Gran verbena amenizada polas orquestras Atenas (no Paseo do Espolón, con pases de 21.30 a 23.00 horas e de 00.30 a 2.00 horas) e Charleston (na Praza do Fondo da Vila, con pases de 23.00 a 00.30 horas e de 2.00 a 3.30 horas).