Domingo de Pascua - Padrón

Data/Hora
Fecha(s) - 21/04/2019
Todos el día

Domingo de Pascua

9.00h Inauguración da tradicional Feira Cabalar no Campo da Barca:

  •  9.00h Inscricións nos concursos morfolóxicos
  •  9.30h Concurso morfolóxico de cruzados
  • 11.00h Concurso morfolóxico de Pura Raza Española
  • 12.15h Proba puntuable para a Copa Galicia de Pura Raza Galega
  • 13.00h Novo espectáculo de Santi Terra, ‘Tall Espectacle’
  • 15.15h Inscrición no concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe.
  • Parada para xantar
  • 15.30h Concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe. Exhibición de doma de alta escola, ximnasia acrobática e monta antiga.
  • 17.00 Concurso de enganche (proba puntuable para o Campionato Galego de Enganche)

9.00h XLIX Feira – Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (detrás do campo de fútbol. A carón da gardaría municipal).

9.30h 7ª proba da Liga Autonómica de Agility e Campionato Provincial de Agility no campo de fútbol do Souto (a cargo do Grupo de Traballo Canino Euskogal). Entrada de balde. Entrega de documentación ás 9.30 e comezo das probas ás 10.00h.

11.00h Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón

11.30h Pasarrúas a cargo do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón na Praza de Macías.

19.00h ‘Radio Bulebule’: espectáculo de música, baile e humor de Paco Nogueiras para o público infantil e familiar na Praza de Macías.

21.30h Gran verbena amenizada polas orquestras D´Moda (pases no Paseo do Espolón de 21.30 a 23.00 e de 00.30 a 2.00h) e París de Noia (pases no Fondo de Vila de 23.00 a 00.30 e de 2.00 a 3.30h)

BUS LILA. TEÑAMOS A FESTA EN PAZ

Saídas do Bus Lila ás 2.00 e ás 4.00 desde Fondo de Vila (a carón da biblioteca) e percorrido por Padrón, Rois e Dodro. Servizo gratuíto, con paradas a petición dos usuarios (prazas limitadas).