Domingo de Pascuilla, 28 de abril - Padrón

Data/Hora
Fecha(s) - 28/04/2019
Todos el día

Domingo de Pascuilla, 28 de abril

11.30h Pasarrúas a cargo do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

12.00h Actuación do grupo folclórico Arreixeira na Praza de Macías.

12.00h Xuntanza da Excma. Corporación Municipal coa Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Posterior ofrenda folral diante da estatua de Rosalía de Castro, no Paseo do Espolón, co acompañamento da Banda de Música Municipal de Padrón. As persoas e entidades homenaxeadas este ano son:

  • María Dolores Mariño González: cofundadora do Grupo Exlabesa
  • Gonzalo M. Castaño Solar: padronés residente na Coruña, xubilado de Nestlé.
  • María Dolores Paz Carméan: mestra xubilada.
  • Carmen Lago Rivera: mestra pementeira (Pementos Carmucha – Herbón)
  • Manuel F. Rodríguez: xornalista e historiador. Amigo de Padrón.
  • Manuel López Gómez: xubilado de Telefónica.
  • Asociación Cultural Motos Antigas Terras de Padrón: asociación de motos histórica
  • Pompas Fúnebres de Padrón: empresa creada en 1985

13.00h Actuación da agrupación folclórica O Pedrón na Praza de Macías.

18.00h XI Festival de Bandas Capital do Sar na Praza de Macías:

  • Banda de Música Isabel II de Touro
  • Banda de Música de Sanxenxo
  • Banda de Música Municipal de Padrón

21.30h Gran Verbena amenizada polas orquestras Gran Parada (na Praza de Fondo de Vila, cos pases de 21.30 a 23.00h e de 00.30 a 2.00h) e Atenas (no Paseo do Espolón, cos pases de 23.00 a 00.30h e de 2.00 a 3.30h).