Festa do Pemento de Herbón - Festa de Interese Turístico de Galicia

Data/Hora
Fecha(s) - 04/08/2018
Todos el día

Festa gastronómica por excelencia celebrada na parroquia padronesa de Herbón o primeiro sábado de agosto. Posee a denominación de Festa de Interese Turístico de Galicia e leva celebrándose dende 1978.

Son milleiros as persoas que se achegan a Padrón nesta data sinalada no calendario festivo de Terras de Iria para gozar deste manxar padronés e poder correr o risco de comprobar o vello dito de que “Os pementos de Herbón, uns pican e outros non”.

PROGRAMA

POLA MAÑÁ: CARBALLEIRA CONVENTO DE HERBÓN

  • 09:00 h. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Os Mersenarios” e a charanga “Santa Compaña”.
  • 10:30 h. Misa campestre
  • 11:00 h. Bendición e inauguración da Festa do Pemento de Herbón
  • 11:30 h. Procesión agrícola motorizada (todos ben engalanados ata Padrón)
  • 13.30 h. Exaltación do Pemento de Herbón. Pregón a cargo de Moncho Lemos (presentador CRTVG); Entrega de premios aos tractores; Acto presentado por Héctor Bermúdez (Radio Valga). Degustación do Pemento de Herbón. Romería amenizadapolo grupo de gaitas “Os Mersenarios” e a charanga “Santa Compaña”.
  • 14:00 h. Sesión Vermouth a cargo do trío Unión y Fuerza
  • O grupo de gaitas “Os Mersenarios” e  a charanga “Santa Compaña” amenizarán a festa ata a tardiña

POLA NOITE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBÓN

  • Gran verbena a cargo do trio Unión y Fuerza e a Orquestra Charlestón Big Band