Festas de Pascua de Padrón 2019 - Programación completa

Data/Hora
Fecha(s) - 06/04/2019 - 28/04/2019
Todos el día

Sábado 30 de marzo

10.30h I Trofeo de Judo Infantil Pascua de Padrón (categorías desde prebenxamín ata infantil). Organizado polo Club de Judo Senín no Pavillón Escolar de Padrón.

Sábado 6 de abril

9.00h XII Andaina Bisbarra do Sar nos concellos de Padrón e Rois. Proba oficial da Copa Galega de Andainas 2019 cun percorrido de 50 quilómetros, dividido en tres aneis de 28´5, 10´5 e 11 quilómetros. Saída desde a Praza de Macías.

Mércores 10 de abril

10.00h Inauguración da exposición dunha das maiores coleccións de bicicletas e triciclos de antano, con máis de 120 pezas, propiedade do coleccionista padronés Carlos Pérez Arca. Visitable no Convento do Carme ata o 28 de abril, en horario de 10.00 a 14.00h os días lectivos e de 16.00 a 19.00h os festivos.

Sábado 13 de Abril

9.00h XXXII Raid Cabalar Pascua 2019, organizado polo Club Hípico Acivro. Saída desde o Campo da Barca. Proba puntuable para o Campionato Galego de Xinetes de Raid O* (80 QUILÓMETROS), P.40, P.60, CEP 80 (velocidade libre).

10.00h Fase final intercomarcal de fútbol sala (deporte escolar)nas categorías benxamín, alevín e infantil. Nos pavillóns do Souto e do Grupo Escolar.

Inauguración no Hotel Scala do Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8).

Domingo 14 de abril

10.00h Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Luns 15 de abril

10.00h Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Comezo do Campionato de Tenis Pascua 2019  (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

16.00h VIII Torneo de fútbol base ‘Galipark’ Concello de Padrón, no Campo de Fútbol Municipal do Doce (A Escravitude). Categoría alevín.

Martes 16 de abril

10.00h Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

16.00h VIII Torneo de fútbol base ‘Galipark’ Concello de Padrón, no Campo de Fútbol Municipal do Doce (A Escravitude). Categoría alevín.

Mércores 17 de abril

10.00h Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

16.00h VIII Torneo de fútbol base ‘Galipark’ Concello de Padrón, no Campo de Fútbol Municipal do Doce (A Escravitude). Categoría alevín.

16.30h Xornada de portas abertas do Centro de Día Iglemen Padrón. Inclúe unha exhibición de actividades caninas de búsqueda e terapia a cargo de Euskogal. Prazas limitadas (prégase confirmación no teléfono 617 081 659)

Xoves Santo, 18 de abril

10.00h Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

Venres Santo, 19 de abril

10.00h Clausura do Campionato Galego de Xadrez 2019 (absoluto, feminino, veteráns, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) no Hotel Scala.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

21.30h Gran Velada de Boxeo Trofeo de Pascua no pavillón a carón do Grupo Escolar, coa participación dos púxiles locais Cristian e Álex Segade.

Sábado de Pascua, 20 de Abril

10.00h Gran salva de bombas de palenque anunciado as Festas da Pascua 2019, a cargo de Pirotecnia López.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

10.45h XL Gran Carreira Popular. Saída desde a Praza de Macías.

13.00h Sesión vermú. Animación polas rúas coa charanga O´ Santiaguiño

15.00 III Campionato Pascua de Padrón de Agility no Campo de Fútbol do Souto (entrada gratuíta). Ás 15.30h, comezo da 6ª proba da Liga Autonómica de Agility.

18.00h Inauguración da XLIX Feira – Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (detrás do campo de fútbol. A carón da gardaría municipal).

18.30h Sesión solpor. Animación polas rúas coa charanga O´ Santiaguiño

19.30h Sesión tardiña. Actuación da Orquestra Passarela no Paseo do Espolón

21.00 Pregón de inauguración das Festas da Pascua 2019 a cargo do humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán na Praza de Macías. Ao remate, concerto da Banda de Música Municipal de Padrón.

22.30h Actuación do Grupo Unión y Fuerza na Praza de Macías.

24.00h Gran espectáculo musical a cargo da Orquestra La Fórmula (na Praza de Fondo de Vila, cun primeiro pase ata ás 1.30h e cun segundo pase de 3.00 a 4.30h) e da Orquestra Passarela (no Paseo do Espolón, de 1.30 a 3.00h)

4.30h Sesión fin de festa, coa actuación do Grupo Unión y Fuerza na Praza de Macías.

BUS LILA. TEÑAMOS A FESTA EN PAZ

Saídas do Bus Lila ás 3.00 e ás 5.00 desde Fondo de Vila (a carón da biblioteca) e percorrido por Padrón, Rois e Dodro. Servizo gratuíto, con paradas a petición dos usuarios (prazas limitadas).

Domingo de Pascua

9.00h Inauguración da tradicional Feira Cabalar no Campo da Barca:

  •  9.00h Inscricións nos concursos morfolóxicos
  •  9.30h Concurso morfolóxico de cruzados
  • 11.00h Concurso morfolóxico de Pura Raza Española
  • 12.15h Proba puntuable para a Copa Galicia de Pura Raza Galega
  • 13.00h Novo espectáculo de Santi Terra, ‘Tall Espectacle’
  • 15.15h Inscrición no concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe.
  • Parada para xantar
  • 15.30h Concurso morfolóxico de Pura Raza Árabe. Exhibición de doma de alta escola, ximnasia acrobática e monta antiga.
  • 17.00 Concurso de enganche (proba puntuable para o Campionato Galego de Enganche)

9.00h XLIX Feira – Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (detrás do campo de fútbol. A carón da gardaría municipal).

9.30h 7ª proba da Liga Autonómica de Agility e Campionato Provincial de Agility no campo de fútbol do Souto (a cargo do Grupo de Traballo Canino Euskogal). Entrada de balde. Entrega de documentación ás 9.30 e comezo das probas ás 10.00h.

11.00h Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón

11.30h Pasarrúas a cargo do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón na Praza de Macías.

19.00h ‘Radio Bulebule’: espectáculo de música, baile e humor de Paco Nogueiras para o público infantil e familiar na Praza de Macías.

21.30h Gran verbena amenizada polas orquestras D´Moda (pases no Paseo do Espolón de 21.30 a 23.00 e de 00.30 a 2.00h) e París de Noia (pases no Fondo de Vila de 23.00 a 00.30 e de 2.00 a 3.30h)

BUS LILA. TEÑAMOS A FESTA EN PAZ

Saídas do Bus Lila ás 2.00 e ás 4.00 desde Fondo de Vila (a carón da biblioteca) e percorrido por Padrón, Rois e Dodro. Servizo gratuíto, con paradas a petición dos usuarios (prazas limitadas).

Luns de Pascua, 22 de abril, Día de Santiago

12.00h Pasarrúas a cargo da agrupación folclórica Rosalía de Castro, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

13.00h Recepción á Excma. Corporación do Concello de Santiago na entrada da Rúa Real, acompañados polas bandas de música de Santiago e Padrón.

13.30h Concerto da Banda de Música Municipal de Santiago na Praza de Macías.

18.00h ‘Pakolas en Concerto’ na Praza de Macías. Espectáculo infantil de música e baile.

20.00h Actuación do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures na Praza de Macías.

21.30h Gran espectáculo musical a caro das orquestras Tango (pases no Paseo do Espolón de 21.30 a 23.30h e de 00.30 a 2.00h) e Olympus (pases na Praza de Fondo de Vila de 23.00 a 00.30h e de 2.00 a 3.30h)

Martes de Pascua, 23 de abril, Día de Rianxo

12.00 Pasarrúas a cargo do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

17.45h Recepción da Ilma. Cooporación do Concello de Rianxo fronte á estatua de Rosalía de Castro, no Paseo do Espolón, acompañados polas bandas de música municipais de Rianxo e Padrón.

19.00h Concerto da Banda de Música Municipal de Rianxo na Praza de Macías.

22.00h Actuación da Orquestra Marbella na Praza de Fondo de Vila.

Mércores, 24 de Abril

10.00h Xornada de portas abertas nas actividades deportivas municiais para adultos. Máis información na Concellería de Deportes.

17.00h VII Campionato de Chave Joyería Riveiro no Paseo do Espolón.

 

18.30h Xornada de portas abertas nas actividades deportivas municiais para adultos. Máis información na Concellería de Deportes.

Xoves, 25 de abril

10.00h Xornada de portas abertas nas actividades deportivas municiais para adultos. Máis información na Concellería de Deportes.

17.00h VII Campionato de Chave Joyería Riveiro no Paseo do Espolón.

18.30h Xornada de portas abertas nas actividades deportivas municiais para adultos. Máis información na Concellería de Deportes.

Venres de Pascuilla, 26 de abril

10.00h VII Campionato de Chave Joyería Riveiro no Paseo do Espolón.

21.00h Actuación musical de Los Tres Soles del Paraguay na Praza de Macías.

23.30h ‘Hands’: Espectáculo audiovisual e pirotécnico que repasará tódolos estilos musicais en colaboración coa cantante Lucía Pérez, no Paseo do Espolón.

BUS LILA. TEÑAMOS A FESTA EN PAZ

Saídas do Bus Lila ás 2.00 e ás 4.00 desde Fondo de Vila (a carón da biblioteca) e percorrido por Padrón, Rois e Dodro (Bus Lila 1), e Rianxo, Boiro, A Pobra e Riveira (Bus Lila 2). Servizo gratuíto, con paradas a petición dos usuarios (prazas limitadas).

Sábado de Pascuilla, 27 de abril

11.00h Xuntanza e Iria Flavia (antigo Restaurante Iria) dos/as amigos/as de Iria Flavia para percorrer lugares históricos da zona.

12.00h Pasarrúas a cargo do grupo folclórico Rosalía de Castro, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

13.15h Ofrenda floral dos Amigos/as de Iria Flavia na lápida de D. Juan, previa á Misa polos Amigos/as Falecidos/as, ás 13.30h na igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia. Posterior foto de grupo e ás 14.30h, xantar de confraternidade.

14.00h Ciclismo: 57ª Clásica de Pascua. Organizada polo Club Ciclista Padronés. Chegada prevista sobre as 17.00h no Campo do Souto.

18.00h Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía na Praza de Macías.

19.00h Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía na Praza de Macías.

20.00h Espectáculo de maxia a cargo do ilusionista Manuel Maravilla, finalista do casting do Got Talent 2018 na Praza de Rodríguez Cobián (en caso de choiva, no Auditorio Municipal).

21.30h Noite de Rock dos 80: Concerto de La Frontera no Paseo do Espolón.

23.00h Actuación da Orquestra Charlestón na Praza de Fondo de Vila (pases de 23.00 a 00.00 e de 2.00 a 4.00h)

24.00h Gran exhibición de fogos de artificio no Campo da Barca a cargo de Pirotecnia López, de Os Ánxeles (Brión).

00.15h Noite de Rock dos 80: Concerto de La Guardia no Paseo do Espolón.

Domingo de Pascuilla, 28 de abril

11.30h Pasarrúas a cargo do grupo folclórico O Pedrón, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas da vila.

12.00h Actuación do grupo folclórico Arreixeira na Praza de Macías.

12.00h Xuntanza da Excma. Corporación Municipal coa Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón. Posterior ofrenda folral diante da estatua de Rosalía de Castro, no Paseo do Espolón, co acompañamento da Banda de Música Municipal de Padrón. As persoas e entidades homenaxeadas este ano son:

  • María Dolores Mariño González: cofundadora do Grupo Exlabesa
  • Gonzalo M. Castaño Solar: padronés residente na Coruña, xubilado de Nestlé.
  • María Dolores Paz Carméan: mestra xubilada.
  • Carmen Lago Rivera: mestra pementeira (Pementos Carmucha – Herbón)
  • Manuel F. Rodríguez: xornalista e historiador. Amigo de Padrón.
  • Manuel López Gómez: xubilado de Telefónica.
  • Asociación Cultural Motos Antigas Terras de Padrón: asociación de motos histórica
  • Pompas Fúnebres de Padrón: empresa creada en 1985

13.00h Actuación da agrupación folclórica O Pedrón na Praza de Macías.

18.00h XI Festival de Bandas Capital do Sar na Praza de Macías:

  • Banda de Música Isabel II de Touro
  • Banda de Música de Sanxenxo
  • Banda de Música Municipal de Padrón

21.30h Gran Verbena amenizada polas orquestras Gran Parada (na Praza de Fondo de Vila, cos pases de 21.30 a 23.00h e de 00.30 a 2.00h) e Atenas (no Paseo do Espolón, cos pases de 23.00 a 00.30h e de 2.00 a 3.30h).

Os horarios da programación son aproximados e poden sufrir pequenas variacións.