Libro de Pascua 2018

Data/Hora
Fecha(s) - 01/12/2017 - 09/02/2018
0:00

O Concello de Padrón convida a toda a poboación a participar na edición do Libro de Pascua 2018 mediante a aportación de artigos ilustrados .

INSTRUCIÓNS

– Os textos deberán escribirse en galego normativo e non se realizarán modificacións nin correccións de estilo (os únicos cambios susceptibles de realizarse serán correccións ortográficas ou de adaptación á normativa lingüística vixente).

– As imaxes para ilustrar os artigos achegaranse en formato JPG ou TIFF e cunha resolución de 300 ppp.

– Os artigos remitiranse ao correo electrónico cultura@padron.gal en formato Word e/ou PDF

Data límite de entrega: 9 de febreiro de 2018