Mesa redonda 'A Lamprea, unha xoia da gastronomía galega'

Data/Hora
Fecha(s) - 10/03/2017
20:00 - 21:00

O Concello de Padrón organiza este evento gastronómico co obxectivo de valorizar e dar a coñecer este recurso desde o punto de vista culinario, pero tamén para salientar o seu grande valor cultural, patrimonial e a súa vinculación co territorio.

O Auditorio de Padrón acollerá o venres 10 de marzo a conferencia titulada A Lamprea, unha xoia da gastronomía galega, na que 5 relatores debaterán sobre este produto e o seu potencial desde distintos puntos de vista: Xosé Antonio Rivera (Chef Rivera), Benigno Campos (do programa Larpeiros da TVG), Miguel Vila (escritor e crítico gastronómico), Javi Mos (do ámbito das redes sociais) e Juan Carlos Alonso (do blog Gastronomía en Verso).

A mesa redonda estará moderada polo escritor e xornalista Miguel Piñeiro e se celebrará a partir das 20.00 horas, con entrada libre.

Dentro das III Xornadas Gastronómicas “Padrón, Sabor a Lamprea” tamén se programarán actividades para escolares, talleres de cociña, visitas e rutas guiadas, unhas propostas que a organización irá detallando ao longo das vindeiras semanas.