Nadal 2017 Padrón

Data/Hora
Fecha(s) - 22/12/2017 - 05/01/2018
Todos el día

O Concello de Padrón ten programada unha axenda especial para desfrutar do Nadal en familia, con actividades que pretenden facer o desfrute de todos os participantes.

PROGRAMACIÓN:

Venres 22 de decembro

– 17.00 h. “A CULTURA NOS PAÍSES DE FALA INGLESA”. Actividade cultural en inglés dirixida a nenos e nenas de 9 a 12 anos. (Auditorio Municipal)

– 19.00 h. “CONCURSO EN INGLÉS”.  Actividade cultural dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e a adultos en xeral. (Auditorio Municipal)

Sábado 23 de decembro

– 19.30 h. FESTIVAL DE PANXOLIÑAS coa participación da Coral Polifónica Padronesa, Coral Polifónica, a Coral Polifónica de Poio e a Coral Polifónica de Bueu. (Auditorio Municipal)

Martes 26 de decembro

– 18.00 h . OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE NADAL. Dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos na Biblioteca Municipal ( Inscrición previa na Biblioteca Municipal).

Mércores 27 de decembro

– 18.00 h. ESTRELAS MÁXICAS: “Showvenir”. Espectáculo de humor e maxia para toda a familia. (Auditorio Municipal)

Xoves 28 de decembro

– 18.00h. “LLILLA E FIO”. Espectáculo cómico con música e bailes para público familiar. (Auditorio Municipal)

Venres 29 de decembro

– 18.00 h. “EL SHOW DE LOS PAYASOS. IMOS DE FESTA!” (Auditorio Municipal)

Sábado 30 de decembro

– 12.00 h. “CONTOS DO CHUPETE”. Contos e música para nenos e nenas de 0 a 3 anos (Auditorio Municipal). Insicrición previa no Centro Social

– 19.00 h. CONMEMORACIÓN DA TRASLATIO (Igrexa de Santiago de Padrón).

Venres, 5 de xaneiro

– 17.00 h. CABALGATA DE REIS

 

¡BOAS FESTAS!