Padrón Literario - Programación completa

Data/Hora
Fecha(s) - 01/05/2019 - 31/05/2019
Todos el día

PROGRAMACIÓN PADRÓN LITERARIO

  1. Obradoiro de creación de banda deseñada

Neste obradoiro aprenderanse as bases e técnicas para crear unha banda deseñada, dende a xestación da primeira idea, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes, a composición de escenas, ata a chegada do material á imprenta.

Venres 3 de maio ás 17.00h , dirixido a público a partir de 11 anos

Na Biblioteca municipal, inscrición previa.

  1. Espectáculo infantil–familiar ‘A historia de Brancaflor’ con Fran Rey (contacontos-maxia)

Venres 3 de maio no Parque infantil, ao carón dos Xulgados ás 18.00h

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal.

(Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística)

  1. Fripaki

Feira do xénero fantástico e da ciencia ficción.

Sábado 4 de maio de 12.00 a 20.00h no Paseo do Espolón.

  1. Ruta ‘Del Miño al Bidasoa’

Sábado 4 de maio ás 16.00h

Actividade para tódolos públicos. De balde. Punto de encontro na Oficina de Turismo

Inscrición previa na Fundación Pública Camilo José Cela, 981 81 24 25 ou visitas@fundacioncela.com

  1. Espectáculo infantil–familiar ‘Patty Diphusa: Superharte’ (Show de circo)

Venres 10 de maio no Parque infantil, ao carón dos Xulgados ás 18.00h

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal.

(Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística)

  1. Obradoiro ‘Receitas Pequerrechas’ de Rocío Garrido na Biblioteca Municipal de Padrón.

Venres 10 de maio ás 17.00h dirixido a público infantil a partir de 5 anos. Inscrición previa na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas

  1. Do 11 ao 18 de maio celebración do ‘Letreseo, Semana das Letras no Museo’

Actividades especiais na Fundación Pública Camilo José Cela para centros escolares de infantil e primaria. Semana de portas abertas para tódolos públicos á Fundación.

O 15 e 16 de maio actuación musical para os centros educativos de Padrón de infantil e primaria realizada pola compañía Xarope Tulú que interpretará a súa peza ‘O Cardume’

  1. Presentación do libro ‘Nao de dioses’

Sábado 11 de maio ás 12.00h no Café Cultural Airiños. Lectura e conversa coa autora, Salomé Vilariño. Entrada de balde.

  1. Ofrenda Floral a Camilo José Cela

A Fundación Pública Camilo José Cela organiza unha ofrenda floral na tumba do nobel o 11 de maio ás 12:00h no Cemiterio de Adina en Iria Flavia, na conmemoración do 103 aniversario do seu nacemento.

  1. Visita guiada teatral na Fundación Pública Camilo José Cela

Sábado 11 de maio ás 17:00h

Actividade para tódolos públicos de balde.

Inscrición previa na Fundación Pública Camilo José Cela, 981 81 24 25 ou visitas@fundacioncela.com

  1. Ruta Rosaliana.

Ruta sobre a vida de Rosalía de Castro percorrendo os principais lugares relacionados coa súa vida.

Sábado 11 de maio. Ruta en autocar, aberta a todo o público. Inscrición previa de balde na oficina de turismo de Padrón, 646 59 33 19 ou turismo@padron.gal

  1. Actividade didáctica para centros educativos de Padrón

Mércores 15 de maio ás 11.00h no Auditorio Municipal, espectáculo para o alumnado infantil dos CEIP e das escolas unitarias do Concello de Padrón.

Representación de ‘Trebellos, Perellos e Fedellos’ de Kukas producións artísticas S.L.

  1. V Festa da Lingua

Coa colaboración dos I.E.S Camilo José Cela e I.E.S Macías o Namorado. Diversas actuacións o xoves 16 de maio na Praza de Macías a partir das 12:00h.

  1. Espectáculo infantil – familiar ‘Bandullo Azul’ con Filipa cos Contos (monicreques)

Xoves 16 de maio no Parque infantil, ao carón dos Xulgados ás 18.00h

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal.

(Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística)

  1. Visita guiada teatral na Casa – Museo Rosalía de Castro

Venres 17 de maio ás 12.00h

Actividade para tódolos públicos de balde.

Inscrición previa na Oficina de Turismo, 646 59 33 19 ou turismo@padron.gal

  1. Visita guiada teatral na Fundación P.G. Camilo José Cela

Sábado 18 de maio ás 17:00h

Actividade para tódolos públicos de balde.

Inscrición previa na Fundación Pública Camilo José Cela, 981 81 24 25 ou visitas@fundacioncela.com

  1. Clausura do Club de lectura ‘Anagnósis’

Venres 24 de maio na Fundación Pública Camilo José Cela.

Cristina Patiño Eirín, especialista en Emilia Pardo Bazán e profesora titular de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela, daranos a súa visión da autora.

Xornada dedicada a Emilia Pardo Bazán.

  1. Espectáculo infantil – familiar ‘Brica Vai’ con Paco Noqueiras (Música)

Venres 31 de maio no Parque infantil, ao carón dos Xulgados ás 18.00h

En caso de choiva a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal.

(Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística)

  1. Festival das Letras Galegas

Organizado pola Coral Polifónica de Padrón o sábado 25 de maio no Auditorio Municipal ás 19:00h. Entrada de balde ata cubrir aforo.

  1. Exposición das portadas das obras de Camilo José Cela nos escaparates dos establecementos participantes.

 

  1. Vales para dúas persoas para visitar de balde a Fundación P.G. Camilo José Cela durante o mes de maio, polo gasto de 10€ nos establecementos participantes.