Pascua Padrón - Sábado de Pascuilla

Data/Hora
Fecha(s) - 07/04/2018
Todos el día

Sábado 7 de abril (Sábado de Pascuilla)

  • 11.00 horas: Xuntanza en Iria Flavia (antigo Restaurante Iria) dos/as Amigos/as de Iria Flavia para percorrer os puntos históricos do lugar
  • 12.00 horas: Pasarrúas a cargo do grupo folclórico Rosalía de Castro, que acompañará aos xigantes e cabezudos polas rúas padronesas
  • Ciclismo: 56ª Edición Clásica de Pascua, organizada polo Club Ciclista Padronés. Chegada prevista para as 15.00 horas,  aproximadamente, no Campo do Souto
  • 13.15 horas: Colocación dun ramo de flores dos Amigos/as de Iria Flavia ante a lápida de D. Juan, como acto previo á misa polos/as amigos/as falecidos/as, que terá lugar ás 13.30 horas na igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia. Ás 14.00 horas, ao remate da misa, realizarase unha foto de grupo e ás 14.30 horas celebrarase o xantar de confraternidade
  • 18.00 horas: Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro, na Praza de Macías
  • 19.00 horas: Actuación do grupo folclórico A.C. San Pedro de Carcacía, na Praza de Macías
  • 22.00 horas: Gran verbena amenizada polas orquestras Finisterre (no Paseo do Espolón, con pases de 22.00 a 23.30 e de 1.00 a 2.30 horas) e América (na Praza do Fondo da Vila, con pases de 23.30 a 1.00 e de 2.30 a 4.00 horas)
  • 00.00 horas: Gran exhibición de fogos de artificio no Campo da Barca, a cargo da Pirotecnia López