Sábado de Pascua, 20 de abril - Padrón

Data/Hora
Fecha(s) - 20/04/2019
Todos el día

Sábado de Pascua, 20 de abril

10.00h Gran salva de bombas de palenque anunciado as Festas da Pascua 2019, a cargo de Pirotecnia López.

Campionato de Tenis Pascua 2019 (pavillóns do Souto e do Grupo Escolar). Organizado polo Club de Tenis Padrón.

10.45h XL Gran Carreira Popular. Saída desde a Praza de Macías.

13.00h Sesión vermú. Animación polas rúas coa charanga O´ Santiaguiño

15.00 III Campionato Pascua de Padrón de Agility no Campo de Fútbol do Souto (entrada gratuíta). Ás 15.30h, comezo da 6ª proba da Liga Autonómica de Agility.

18.00h Inauguración da XLIX Feira – Exposición de Maquinaria Agrícola e Industrial (detrás do campo de fútbol. A carón da gardaría municipal).

18.30h Sesión solpor. Animación polas rúas coa charanga O´ Santiaguiño

19.30h Sesión tardiña. Actuación da Orquestra Passarela no Paseo do Espolón

21.00 Pregón de inauguración das Festas da Pascua 2019 a cargo do humorista, actor e presentador Xosé Antonio Touriñán na Praza de Macías. Ao remate, concerto da Banda de Música Municipal de Padrón.

22.30h Actuación do Grupo Unión y Fuerza na Praza de Macías.

24.00h Gran espectáculo musical a cargo da Orquestra La Fórmula (na Praza de Fondo de Vila, cun primeiro pase ata ás 1.30h e cun segundo pase de 3.00 a 4.30h) e da Orquestra Passarela (no Paseo do Espolón, de 1.30 a 3.00h)

4.30h Sesión fin de festa, coa actuación do Grupo Unión y Fuerza na Praza de Macías.

BUS LILA. TEÑAMOS A FESTA EN PAZ

Saídas do Bus Lila ás 3.00 e ás 5.00 desde Fondo de Vila (a carón da biblioteca) e percorrido por Padrón, Rois e Dodro. Servizo gratuíto, con paradas a petición dos usuarios (prazas limitadas).