Semana Santa Padronesa 2015

Data/Hora
Fecha(s) - 14/03/2015 - 04/04/2015
Todos el día

Pregón da Semana Santa: Sábado 14 de marzo

Por terceiro ano consecutivo terá lugar na igrexa parroquial o PREGÓN DA SEMANA SANTA, ás 19:00h. Será pronunciado polo Dr. D. Carlos Pajares Vales, catedrático de Física e ex rector da Universidade de Santiago de Compostela. O acto concluirá coa intervención musical da Coral Polifónica Padronesa acompañada do organista D. Joaquín Barreira Pereira que interpretará algunhas pezas de música sacra.

Comenzo do  Setenario da Virxe das Dores: Sábado 21 de marzo

Organizado pola Confraría da Virxe das Dores, tódolos días ás 19:30h terá lugar o rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario, trala cal, ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa, ofrecida polos fieis devotos de Nosa Señora das Dores, vivos e difuntos.

Venres das Dores: 27 de marzo ás 19:30h rezo do Santo Rosario e da oración propia do Setenario. Ás 20:00h, Misa Solemne. A Continuación, organizada pola súa Confraría, sairá a Procesión da Virxe das Dores, percorrendo as rúas de costume.

Misa da Confraría do Santo Entierro: Sábado 28 de marzo ás 20:00h, celebrarase a Santa Misa anual polos membros e colaboradores, vivos e difuntos, da Confraría do Santo Enterro.

Domingos de Ramos: 29 de marzo ás 11:30h procederase á bendición das palmas e dos ramos de oliveira na Igrexa parroquial. Ó seu remate sairá a Procesión de Ramos coa imaxe da entrada de Xesús en Xerusalén, que discorrerá o traxecto habitual. Recollido o cortexo procesional terá lugar a celebración da Santa Misa do Domingo de Ramos na Paixón do Señor.

O mesmo día, na Capela da Venerable Orde Terceira (V.O.T) de San Francisco ás 18:00h, celebrarase a Santa Misa e a continuación sairá a Procesión do Ecce Homo, seguindo o itinerario de tódolos anos.

Xoves Santo: 2 de abril

Ás 19:30h terá lugar a celebración da Santa Misa da Cea do Señor. Ó seu termino sairá a Procesión do Encuentro ( ás 20:30h aprox.) que seguirá a seguinte orde:

En primeiro lugar fará a súa saída a imaxe de Xesús Nazareno, acompañada polos membros da Confraría do Santo Enterro e de tódolos homes que o desexen, perecorrendo as rúas de costume.

En segundo lugar sairá a imaxe da Virxe das Dores, xunto ás de San Xoan Apóstol e a Verónica, acompañadas polos membros da Confraría da Virxe das Dores, ademáis de algunhas señoras atavidas con mantilla española e de tódalas mulleres que queiran, percorrendo o traxecto habitual.

Na Praza de Macías representarase a escena do Santo Encontro do Xesús Nazareno, camiño do Calvario, coa súa Nai, a Virxe María, na que intervieñen San Xoan e a Verónica, actuando de narrador o P. Predicador.

A continuación, nun so cortexo procesional, regresará cara a Igrexa.

Na Procesión do Encontro participará a Corporación Municipal do Excmo. Concello de Padrón.

Ás 23:30h sairá a Procesión da Santa Cruz do Calvario coas imaxes da Santa Cruz e da Virxe das Dores, acompañadas polos membros da Confraría do Santo Enterro portando fachos, ademais dalgúns penitentes arrastrando cadeas suxeitas aos seus pes, acompasados polo ritmo da Banda de Tambores e o son de carracas e matracas. Recollida a procesión, a Igrexa permanecerá pechada ata o venres ás 09:30h.

Venres Santo: 3 de abril

Ás 11:30h realizarase na Igrexa Parroquial o rezo do Vía Crucis.

Ás 18:30h comezarán os Santos Oficios da Paixón do Señor. A continuación representarase a escena do Desencravo de Xesús da Cruz, narrada polo P. Predicador. Ao seu término ( ás 20:00h apróx.) sairá a Procesión do Santo Enterro, facendo o percorrido de costume. A Santa Urna do Cristo Xacente percorrerá cortexada polos seus cofrades e pola Corporación Municipal do Excmo. Concello de Padrón, sendo un dos seus membros o portador da Cruz do Calvario.

Recollida na Igrexa a Procesión do Santo Enterro ( ás 21:00h aprox.), fará a súa saida a Procesión da Soidade, popularmente coñecida co nome da Procesión dos Caladiños. Acompañando a imaxe da Virxe da Soidade polo traxecto habitual irán os seus confrades, xunto con algunhas mulleres tocadas con mantilla española e tódalas fieis devotas que queiran unirse ao cortexo mariano.

Sábado Santo: 4 de abril, ás 21:00h comezará a Solemne Vixilia da Resurrección do Señor, coa que se abre o tempo litúrxico de PASCUA.