XII Feira Medieval Padrón 2017

Data/Hora
Fecha(s) - 07/07/2017 - 09/07/2017
Todos el día

O Concello de Padrón celebra a XII edición da súa Feira Medieval con múltiples actividades polo casco histórico da Vila.

Considerado Padrón como ‘Berce do Xacobeo’ e en lembranza dos peregrinos que na Idade Media se achegaban ata estas terras tras visitar en Compostela a tumba do Apóstolo, para ver o lugar onde chegaron os seus restos, na Praza Rodríguez Cobián instalarase un posto que emulará o antigo Hospital de Peregrinos que había no século XV, anexo á igrexa. Todos aqueles peregrinos que acrediten debidamente cos selos da súa credencial o paso por Padrón poderán recoller gratuitamente tiques de degustación válidos para os postos de comida/restauración.