Herbón congregou a centos de persoas na súa tradicional Festa do Pemento

A parroquia padronesa de Herbón trouxo a centos de visitantes que participan na XXXVII Festa gastronómica do Pemento de Padrón, declarada pola Xunta de Galicia de interese turístico e con Denominación de Orixe Protexida. Os asistentes degustaron mais de catrocentos kilos do produto estrela, que colleita na parroquia tanto ao aire libre como en grandes invernadoiros. Os cociñeiros se afanaron desde moi temprano para fritir, en abundante aceite, os pementos que despoi foron repartidos entre os comensais. Para poder facerse cunha ración de pementos, era necesario adquirir un prato de barro conmemorativo da festa, ao prezo de 2,50 euros, que incluía ademais unha ración de broa.