Herbón reparte unha media de 400 kilos de pementos na súa festa gastronómica

A parroquia de Herbón, en Padrón, celebra este sábado no recinto feiral a XXXVII festa gastronómica do pemento, declarada pola Xunta de interese turístico e con Denominación de Orixe Protexida, segundo reza o cartel. A romaría popular celébrase sempre o primeiro sábado do mes de agosto, coincidindo normalmente cunha das épocas de maior produción.

A comisión da festa, integrada por veciños e que conta coa colaboración do Concello de Padrón, aínda non fixo público o nome do pregoeiro nin das persoas que recibirán a capa de cabaleiro e o mandil de dama da Orde do Pemento de Herbón.

Mais información en La Voz de Galicia