Inscrición Ruta Literaria

 

 
Ola a todas e todos!
Desde o Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil (Xuventude en Acción 2018 Rois, Padrón e Dodro) estamos a organizar outra ruta, neste caso literaria e á que poden asistir calquera que estea interesado/a.
Os puntos principais a visitar serán: Xardín Botánico-Artístico de Padrón; Casa-Museo Fundación Rosalía de Castro, aproveitando que este ano coincide co 182 aniversario do seu nacemento e co día Internacional da Muller; e por último faremos unha visita á Fundación Pública Galega Camilo José Cela.
A aventura terá lugar este venres 8 de marzo ás 9.00 horas. Sairemos en autobús desde o Edificio Multiusos de Rois, que tamén será o punto de chegada. A duración da visita será de 3 horas aproximadamente.
A actividade será totalmente gratuíta e poderedes unirvos a ela chamando ao teléfono 981 816 061. Bulide, xa que o número de prazas é limitado e se reservarán por rigurosa orde de inscrición!