Casa Museo Rosalía de Castro

Está vostede aquí Portada  > Que visitar >  Casa Museo Rosalía de Castro
Imaxe
Faga a súa pre-reserva

Faga a súa pre-reserva

Pode realizar unha reserva previa neste establecemento engadindo os datos solicitados. Unha vez o establecemento reciba a súa solicitude, porase en contacto con vostede para confirmarlle a dispoñibilidade de datas e outros detalles. Teña en conta que Terras de Iria simplemente ponlle en comunicación co establecemento e polo tanto non se fai responsable se o mesmo non se pon en contacto con vostede. Recorde que esta pre-reserva non é vinculante, e deberá ser verificada polo establecemento en todo caso.

Datos da pre-reserva
Datos persoais
Observacións
Please wait...

 

Rosalía de Castro, filla da fidalga María Teresa de Castro e Abadía, con orixe na Arretén (Padrón), naceu en Santiago de Compostela en 1837 e foi bautizada como filla de pai incógnito. Criouse coa súa nai en Padrón; despois trasladouse con ela a Compostela, onde se formou; e logo a  Madrid, lugar onde se publicou o seu primeiro libro de poemas (La flor, 1857) e onde coñeceu e casou con Manuel Murguía.

Escritora de prosa e verso, co libro Cantares Gallegos (1863) situouse á fronte do Rexurdimento cultural de Galicia e con Follas Novas (1880) elevou a poesía galega aos máis altos cumes da súa historia. En castelán destaca coa novela El caballero de las botas azules (1867) e coa súa derradeira obra En las orillas de Sar (1884).

Na súa vida andou deambulando por diferentes vilas e cidades de Galicia e de fóra, e pasou os seus últimos anos na Casa da Matanza (Padrón), onde faleceu en 1885, con corenta e oito anos. Foi enterrada no cemiterio de Adina (Santa María de Iria, Padrón) e en 1891 foi trasladada ao Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval (Santiago).

No outono de 1947 créase o  Padroado de Rosalía de Castro co fin de arranxar a Casa da Matanza, que sería restaurada en 1971 e convertida en Casa-Museo en 1972. A Fundación, que continúa co labor do Padroado, é a actual propietaria.

Neste espazo proponse un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra rosaliana. Na planta baixa, denominada “O perfil dunha sombra”, o visitante pode apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o contorno que a rodea e a relación do pobo galego coa figura da escritora.

Na primeira planta, denominada “ O seu”, proponse a recreación ambiental dunha casa rural de época, entre campesiña e fidalga.

Dende a súa apertura ao público, a Casa-Museo de Rosalía de Castro converteuse nunha referencia emblemática da cultura galega xa que é a casa que garda a memoria de quen é considerada a escritora nacional de Galicia.

 

 

 

HORARIOS

Horario Visitas Invierno:
Martes a Sábado: 10:00 a 13:30 h e 16:00 a 19:00 h
Domingos: 10:00 a 13:30 h
Luns: Pechado

Horario Visitas Verán:
Martes a Sábado: 10:00 a 14:00 h e 16:00 a 20:00 h
Domingos: 10:00 a 13:30 h
Luns: Pechado

PREZOS:

Entrada individual: 2,00€

Entrada grupos (máis de 20 persoas): 1,20€

Colexios: 1,00€

Menores de 6 anos gratis

www.rosaliadecastro.org


Datos de contacto

Enderezo:
A Matanza, s/n 15917 Padrón Galicia
GPS:
42.738416, -8.651969
Teléfono:
981 811 204
Fax:
981 811 204
Web:
http://www.rosaliadecastro.org

Os comentarios están pechados.