Convento de San Antonio de Herbón

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  Convento de San Antonio de Herbón
Imaxe

Nas fértiles terras da parroquia padronesa de Herbón sitúase o Convento de Santo Antonio, mostra franciscana por excelencia.

Neste val bañado polas augas do Sar e do Ulla, instalouse esta orde en 1396 e perdurou no tempo durante máis de seis séculos, chegando aos nosos días.

Este centro de culto relixioso convida a todo visitante que se aproxime a sentir e respirar a calma, a sobriedade, a tranquilidade e o sosego que reina nos seus centenarios muros.

Para acceder ao convento hai que pasar por unha ancha rampla con lixeira pendente que nos conduce á porta da capela, onde á dereita se pode contemplar unha fonte que representa un dos franciscanos en postura de oración. Na fonte reza unha inscrición que nos indica que foi construída en 1786, aínda que como se indicou con anterioridade, os relixiosos xa andaban por estas terras desde 1396.

Este convento é o punto orixinario nas nosas terras de onde sae un dos recursos máis prezados de todo o territorio de Terras de Iria, os pementos de Herbón, traídos desde as Américas por un dos franciscanos que percorreu aquelas terras e que permitiron proxectar a Padrón ao escenario gastronómico nacional e internacional.

HORARIOS:

Misas: Todos los días ás 18:00h

Entrada libre


Datos de contacto

GPS:
42.732592, -8.6307394036302
Teléfono:
981 811 779

Os comentarios están pechados.