Cruceiro de Fondo da Vila

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  Cruceiro de Fondo da Vila
Imaxe

No extremo sur da zona antiga de Padrón está a praza na que se atopa o cruceiro plateresco de Fondo de Vila.

Esta peza foi doada por Juan Loreda no S.XV. Nel figuran diferentes representacións alegóricas: caveiras, tibias, píntegas e outros animais, ademais da representación de San Xoán e do Apóstolo no fuste. Na cruz pódese ver a Xesús crucificado nunha das caras e, na outra, a representación do descendemento.

É de destacar que este cruceiro foi eloxiado polo autor Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Rianxo, vila ligada á de Padrón.

.


Datos de contacto

Enderezo:
Padrón Campo do Souto s/n 15900 Padrón - A Coruña
GPS:
42.736761, -8.660521

Os comentarios están pechados.