Desencravo de Vilariño

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  Desencravo de Vilariño
Imaxe

Obra de 1888, é uns dos catro desencravos que hai en Galicia. Está situado nunha encrucillada de camiños na entrada da aldea de Vilariño, en Urdilde, ao lado dunha fonte.

Asenta sobre tres escadas e unha base cúbica, coas arestas superiores con rebaixe. O varal é normal, de sección cuadrangular, coas arestas matadas.

O capitel, de catro lados, conta nos ángulos con volutas e, debaixo destas, elementos que imitan cunchas.

Este é o único descendemento ou desencravo que coñecemos na bisbarra, semellante aos de Eiroa (Noia) e Berrimes (Lousame), feito que fai pensar que se trata do mesmo autor.


Datos de contacto

Enderezo:
Vilariño Rois A Coruña
GPS:
42.821981, -8.730565800000022

Os comentarios están pechados.