O Espolón

Está vostede aquí Portada  > Que visitar >  O Espolón
Imaxe

Se queremos descansar da nosa viaxe por Terras de Iria, un dos mellores lugares en Padrón é o paseo fluvial do Espolón, en pleno casco antigo. Cuberto por un conxunto de Plátanos de sombra e presidido a ambos os dous lados polos máis célebres dos últimos literatos tanto no ámbito nacional como internacional.

No extremo norte encóntrase a estatua da poetisa Rosalía de Castro, realizada en 1957 por José María Mateos e sufragada polos padroneses do Uruguai, tal e como reza unha das placas da estatua. No extremo sur do paseo, está a do Premio Nobel de literatura Camilo José Cela, obra de Ferreiro Badía, do ano 2003.

Baixo este arboredo todos os domingos do ano, dende a Idade Media, celébrase un típico mercado, onde se venden todo tipo de mercadorías que o visitante poída imaxinar, e o cal, domingo tras domingo, atrae a milleiros de persoas de todo Galicia.

 


Datos de contacto

Enderezo:
Pº del Espolón, s/n - 15900 Padron (A CORUÑA)
GPS:
42.738274798521, -8.6615626416726

Os comentarios están pechados.