O Pedrón

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  O Pedrón
Imaxe

O Pedrón é unha ara romana, onde segundo conta a tradición xacobea, foi amarrada a barca que trasladou os restos do Apóstolo Santiago desde Palestina, acompañado polos seus discípulos Teodoro e Atanasio, ata as costas galegas. Esta peza tan importante dentro da cultura xacobea pode contemplarse baixo o altar maior da Igrexa de Santiago, en Padrón, levantada ao carón do río Sar no 1133 polo arzobispo Xelmírez.
O Pedrón deu lugar ao topónimo da vila e na súa parte frontal pode observarse unha inscrición traducida por algúns autores como “A Neptuno el Foro Iriense con su dinero”

Desa primeira construción só conservamos unha pedra, situada no lateral da porta orientada ao Paseo do Espolón, e onde versa a inscrición: “Dominus Eclesia Procurator edificavit in era MCLXXI”, isto é,  “O señor procurador da igrexa edificou na era MCLXXI”.

Tras desaparecer este edificio, realizouse outro de estilo gótico, por orde do bispo Lope de Mendoza, do que se conserva un púlpito tallado nunha soa pedra. Xa no S.XIX, edificouse o actual edificio de estilo neoclásico.

 

HORARIOS:

Horario Visitas Inverno:
Luns: 18:00 a 19:30 h
Martes a Sábado: 10:00 a 13:00 h e 17:00 a 19:30 h
Domingos: 10:00 a 12:00 h

Horario Visitas Verán:
Luns a domingo: 09:00 a 21:00 h

Fora de este horario OS GRUPOS poden poñerse en contacto coa parroquia para visitar o templo

Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.

Misas:
Inverno:
Luns a Sábados: 20:00h
Domingos : 09:30h e 12:30h

Verán:
Luns a Sábados: 20:30h
Domingos : 09:30h e 12:30h

Entrada libre


Datos de contacto

GPS:
42.739123, -8.6614993778688

Os comentarios están pechados.