Fundación P.G. Camilo José Cela

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Museos >  Fundación P.G. Camilo José Cela
Imaxe
Faga a súa pre-reserva

Faga a súa pre-reserva

Pode realizar unha reserva previa neste establecemento engadindo os datos solicitados. Unha vez o establecemento reciba a súa solicitude, porase en contacto con vostede para confirmarlle a dispoñibilidade de datas e outros detalles. Teña en conta que Terras de Iria simplemente ponlle en comunicación co establecemento e polo tanto non se fai responsable se o mesmo non se pon en contacto con vostede. Recorde que esta pre-reserva non é vinculante, e deberá ser verificada polo establecemento en todo caso.

Datos da pre-reserva
Datos persoais
Observacións
Please wait...

O célebre escritor Camilo José Cela escolleu a terra que o veu medrar para crear o seu maior desexo, a sede da súa Fundación, que acolle toda a súa obra, manuscritos, coleccións privadas e a súa propia vida.

Ten a sede en Iria Flavia, fronte á antiga colexiata de Santa María de Adina, nunhas casas construídas para a residencia de cóengos no século XVIII.

Dispón dunha superficie total de 11.000 metros cadrados, alberga unha biblioteca de máis de 45000 volumes, unha pinacoteca con máis de 700 pinturas orixinais, un paraninfo de 178 prazas, aulas e salas de exposicións, ademais dunha ampla superficie axardinada.

O Museo do ferrocarril John Trulock forma parte do conxunto e amosa a historia do ferrocarril galego.

Nas diferentes salas o visitante vai poder admirar centos de títulos, condecoracións e premios, entre os que se atopan o Nobel (1989), o Cervantes (1995) e o Príncipe de Asturias (1987), así como coleccións e obxectos que Camilo José Cela foi reunindo ao longo da súa vida e que, pola súa riqueza e variedade, suscitan especial interese.

Hanse de sumar os legados de José M.ª Sánchez Silva, José García Nieto, M.ª del Carmen Pajares Escolano e Fernando Huarte, así como manuscritos doutras autorías.
HORARIOS:

Horario Visitas Inverno:
Martes a Sábado: 10:00 a 14:00 h e de 16:00h a 19:00h
Domingos, Luns e Festivos: Pechado

Horario Visitas Verán (xullo e agosto):
Martes a Sábado: 10:00 a 14:00 h e de 16:00h a 20:00h
Domingos, Luns e Festivos: Pechado

PREZOS:

Xeral:     2,40€/persoa

Reducida: 1.20€/persoa

– Carnet Xove

– Carnet de estudante

– Carnet internacional de estudante

– Grupos de adultos de 11 ou máis persoas

Gratuita:

– Menores de idade

– Maiores de 65 anos

– Xubilados/as

– Membros de ‘Amigos/as do Museo’

– Voluntariado cultural e educativo

– Desempregados/as

– Veciños/as de Padrón

– Grupos de escolares e universitarios

Martes todo o día e sábados pola tarde entrada GRATUÍTA

Visitas concertadas para grupos e escolares

VISITAS GUIADAS:  Ás 12:00 e 17:00h de martes a sábado. Necesario reserva previa.

Tarifa Individual: 1€

Tarifa grupos (11 o máis persoas): 10€


Datos de contacto

Enderezo:
c/ Santa María, 22 - Iria Flavia, Padrón (A Coruña)
GPS:
42.74592647436977, -8.65606616654361
Teléfono:
981 81 03 48 / 981 81 24 24 / 981 81 24 25
Fax:
981 81 04 53
visitas@fundacioncela.com
Web:
http://www.fundacioncela.com

Os comentarios están pechados.