Igrexa de San Xoan de Buxán

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Outras edificacións relixiosas >  Igrexa de San Xoan de Buxán
Imaxe

A planta da igrexa é rectangular, de case 23 metros de longo por 6 de ancho. Por tradición, os veciños din que a igrexa antiga estaba situada no lugar de Aldea Grande, non hai dúbida que na actual localización ou preto había unha construción relixiosa, tal e como o evidencian varias pedras de diferentes motivos ornamentais, que se empregaron na obra barroca.

Conta con varios retablos, entre os que destacan o retablo do presbiterio, de estilo barroco de mediados do S.XVIII, e o retablo da Virxe das Dores, de estilo neoclásico.

 


Datos de contacto

Enderezo:
Buxán Rois A Coruña
GPS:
42.7470439, -8.72850130

Os comentarios están pechados.