Igrexa de Santa María de Dodro

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Outras edificacións relixiosas >  Igrexa de Santa María de Dodro
Imaxe

Igrexa barroca do S.XVIII. A súa construción iniciouse en 1719 e en 1918 reconstrúese.

Presenta unha planta de cruz latina, con nave única, onde se sitúa o coro e a tribuna.

O interior do templo apenas presenta decoración e o seu retablo maior é de liña sinxela, de gran forza plástica, acentuando o movemento no alzado.

A fachada segue o mesmo criterio de sinxeleza. No seu centro os piares franquean a porta, que está decorada cun frontón triangular que preside a imaxe da Asunción, patroa da parroquia. Sobre a fachada, no lado norte, érguese o campanario.

 


Datos de contacto

Enderezo:
Dodro A Coruña
GPS:
42.716694122594426, -8.687667847771081

Os comentarios están pechados.