Igrexa de Santa María de Leroño

Está vostede aquí Portada  > Que visitar >  Igrexa de Santa María de Leroño
Imaxe

É a igrexa que máis conserva a parte románica de todas as que se encontran no concello. Destacan as figuras antropomorfas e zoomorfas que suxeitan a cornixa. No interior consérvase o arco triunfal de medio punto, sostido por semicolumnas de fuste liso e curto, con capiteis decorados con motivos vexetais rematados en volutas.
A nave conserva as ventás orixinais, así como unha porta lateral con arco de descarga.
A súa construción sitúase na segunda metade do S. XII.


Datos de contacto

Enderezo:
Leroño Rois A coruña
GPS:
42.7895353, -8.72936149

Horario de apertura

Domingo:
10:30

Os comentarios están pechados.