Igrexa de Santiago

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  Igrexa de Santiago
Imaxe

A igrexa parroquial de Santiago de Padrón foi reformada por última vez no s. XIX, aínda que dentro dos seus grosos muros atópanse elementos pertencentes a outros templos levantados anteriormente ( nos ss. XII e XV).
Entrando pola porta situada no Paseo do Espolón pódese apreciar unha inscrición sobre unha pedra que nos lembra o templo levantado polo arcebispo Xelmírez no ano 1133 e onde versa <<Dominus Eclesia Procurator edificavit in era MCLXXI>>, que se traduciría como: <<O señor procurador da igrexa edificou na era MCLXXI>>. Do mesmo xeito, á beira esquerda do altar maior atópase un púlpito de granito do s. XV feito dunha soa peza coa imaxe de Santiago Peregrino pertencente ao templo gótico que mandou edificar arcebispo Lope de Mendoza.

Nos altares e paredes da igrexa podemos ver diferentes elementos da tradición xacobea e representacións do apóstolo Santiago. Contemplamos nun dos altares a Santiago sobre o seu cabalo branco. Moi preto está Santiago Peregrino, talla do s. XVII atribuída a José Gambino, coñecida como O Parrandeiro, que cada 25 de xullo é levada en procesión aos ombreiros dos mozos da vila ata a ermida do Santiaguiño.

HORARIOS:

Horario Visitas Inverno:
Luns: 18:00 a 19:30 h
Martes a Sábado: 10:00 a 13:00 h e 17:00 a 19:30 h
Domingos: 10:00 a 12:00 h

Horario Visitas Verán:
Luns a domingo: 09:00 a 21:00 h

Fora de este horario OS GRUPOS poden poñerse en contacto coa parroquia para visitar o templo

Os horarios de visitas turísticas poden verse interrompidos pola celebración de actos litúrxicos.

Misas:
Inverno:
Luns a Sábados: 20:00h
Domingos : 09:30h e 12:30h

Verán:
Luns a Sábados: 20:30h
Domingos : 09:30h e 12:30h

Entrada libre


Datos de contacto

GPS:
42.739123, -8.6613770668032
Teléfono:
981 810 350
Web:
http://www.parroquiasantiagodepadron.com

Os comentarios están pechados.