Igrexa de Santo Tomé de Sorribas

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Outras edificacións relixiosas >  Igrexa de Santo Tomé de Sorribas
Imaxe

A planta é rectangular, sen ningunha capela lateral, pois a sancristía queda por detrás do retablo do presbiterio. De todo o conxunto destaca o adorno do piñón, unha fermosa peza formada por unha base de catro lados con molduras sobre a que fai equilibrio un cilindro oco cun aro a cada lado, semellando unha cruz. A peza de abaixo repítese e remata cun pináculo con bóla e sobre esta un ferro.

O retablo máis interesante é o do presbiterio por ser un dos mellores do municipio debido á súa riqueza ornamental e beleza. Nos lados, dentro de dous nichos da nave, hai cadanseu retablo neoclásico.


Datos de contacto

Enderezo:
15980 Sorribas A Coruña
GPS:
42.7907479, -8.677765300000033

Horario de apertura

Domingo:
11:00

Os comentarios están pechados.