Igrexa de Sta. María de Herbón

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura relixiosa >  Igrexa de Sta. María de Herbón
Imaxe

A igrexa románica de Santa María de Herbón está edificada na zona da que obtén o seu propio nome, Herbón, localidade onde se cultivan os afamados pementos, que “uns pican e outros non”.

Este edificio do século XII, foi mandado construír polo Bispo Xelmírez, tal e como aparece no capitel esquerdo da ábsida da igrexa. Consta dunha soa nave, contrafortes e decoración do románico compostelán, aínda que ao visitante o que máis lle atrae e cativa é a altura deste.

HORARIOS:

 

Misas:
Sábado : 18:00h

Entrada libre


Datos de contacto

GPS:
42.734677, -8.6281476977034

Os comentarios están pechados.