Casas Rurais Os Lambrans

Está vostede aquí Portada  > Onde durmir >  Casas Rurais Os Lambrans
Imaxe
Faga a súa pre-reserva

Faga a súa pre-reserva

Pode realizar unha reserva previa neste establecemento engadindo os datos solicitados. Unha vez o establecemento reciba a súa solicitude, porase en contacto con vostede para confirmarlle a dispoñibilidade de datas e outros detalles. Teña en conta que Terras de Iria simplemente ponlle en comunicación co establecemento e polo tanto non se fai responsable se o mesmo non se pon en contacto con vostede. Recorde que esta pre-reserva non é vinculante, e deberá ser verificada polo establecemento en todo caso.

Datos da pre-reserva
Datos persoais
Observacións
Please wait...

Antigo grupo de tres casas de aldea restauradas seguindo os principios de integración coa paisaxe rural e sostibilidade ecolóxica: paneis solares, caldeira de biomasa, calefación radiante, conpostaxe de residuos, etc. Tódolos nosos clientes serán recibidos cun aperitivo de benvida. Dado a nosa estratéxica situación, con conexión coa AP9, N550, AG11 e vías comarcais, é un ideal punto de partida para achegarnos en pouco tempo ás máis importantes cidades de Galiza, así como para realizar excursións polas cercanas comarcas das Rías Baixas, Costa da Morte, Illas Cíes e Ons…

En Os Lambráns contamos con 8 habitacións dobres, catro delas con posibilidade de poñer unha cama supletoria. Ademáis hai una habitación adaptada para persoas con mobilidade reducida, o mesmo que as zonas comúns das casas, como a cafetería, salón, sala de estar con cheminea e biblioteca. No exterior dispoñemos dun fermoso xardín e una terraza onde poder disfrutar da tranquilidade e do contacto coa natureza, co murmurio de fondo do río Sar ao seu paso pola beira da finca. En breve remataremos as obras do spa e da piscina climatizada.

Ademáis dos servizos indicados no listado, destacar a nosa cercanía co club de golf Val de Rois, a cinco minutos a pé, onde os nosos clientes gozarán de descontos nas tarifas tanto no campo de golf como no uso das pistas de padel e tenis, e onde atoparán servizo de cafetería e restaurante.

Servizos:

Acceso minusválidos

Admite tarxetas de crédito

Bar-Cafetería

Internet en habitacións

Xardín-terraza

Aparcadoiro

Secador de pelo en habitacións

Sitio pintoresco

Calefación central

Calefación individual

Pista de tenis

Servizo para minusválidos

Accesible autos

Accesible bus

Accesible caravanas

Accesible motos

Auga quente xeral

Arbolado

Biblioteca

Extintores de incendio

Lavandería

Luces de emerxencia

Zonas verdes

Admisión de animais(consultar)

Bicicletas(consultar)

Camas supletorias

Comedor

Instalacións accesibles a minusválidos

Xardín/Horta

Reunións directivos

Salón estar

Televisión común

Dereito a cociña (CONSULTAR)

Lavado roupa clientes

Golf

Pesca fluvial

Praia fluvial

Ferrocarril

Recepción

Equitación (15 KMS.)

 

Os Lambráns contan coa certificación turística Q de Calidade.

Tipo aloxamento: Casa rural

•    Categoría: Grupo B

•    Prezo orientativo por cuarto dobre en réxime de aloxamento e almorzo:

T. BAIXA 

   T. MEDIA

T. ALTA

Habitación Dobre

65.00

75 .00

85.00

Cama Supletoria

16,25 €

18,75 €

21,25 €

IVE incluido

 

 T.ALTA: Agosto

T.MEDIA: Xullo

T.BAIXA: resto do ano.

Situación:

Os Lambráns está situado na aldea de Lamas, a 2 km. de Padrón. De fácil acceso, segundo a estrada tomada pódese chegar de diferentes maneiras:

-Tomar a autoestrada AP9 e coller a saída de Padrón, conectando coa N550 dirección Santiago, e na primeira rotonda xirar á esquerda e tomar a AC301. No segundo cruce á dereita está a aldea de Lamas, onde ó final do camiño atópanse Os Lambráns.

-Se xa se ven desde Santiago pola N550, na rotonda anterior a Padrón, xirar á dereita tomando a estrada AC301 dirección Rois/Aguasantas. No segundo cruce á dereita está a aldea de Lamas, onde ó final do camiño atópanse Os Lambráns.


Datos de contacto

Enderezo:
Lamas nº 81, Extramundi, C.P.15910, Padrón.
GPS:
42.755856, -8.6643312559132
Teléfono:
881 093 204
Fax:
881 250 050
Móbil:
676 010 872
info@oslambrans.com
Web:
http://www.oslambrans.com

Os comentarios están pechados.