Pazo de Antequeira

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura civil >  Pazo de Antequeira
Imaxe

Situado na aldea de Antequeira, parroquia de Oín (Rois).

Foi construído no mesmo lugar onde había unha casa grande fundada por Xoán Núñez Vello, antes do 1688. O actual edificio ergueuse por orde de Vicente F. Calderón, segundo conde de San Xoán e vizconde de San Vicente.

O edificio conta con tres corpos: dous saíntes e no medio unha solaina con balconada barroca. A fronte principal foi reformada posteriormente, ao igual que outras partes do conxunto arquitectónico.

Ademais da vivenda do pazo, á dereita da fachada principal está a capela.

O conxunto complétase cunha fonte barroca sobre cuxos canos encóntrase a figura de San Vicente predicando desde o púlpito, similar a como está representado no convento compostelán de San Domingos de Bonaval (actual sede do Museo do Pobo Galego).

Unha fermosa escalinata, tamén barroca, para baixar á fonte, un palomar de planta circular, un cruceiro… e outros elementos completan a paraxe.


Datos de contacto

Enderezo:
Oín (Santa María) Antequeira 15911 Rois - A Coruña
GPS:
42.7629672, -8.68456570

Os comentarios están pechados.