Pazo do Faramello

Está vostede aquí Portada  > Outros  > Celebración de eventos >  Pazo do Faramello
Imaxe

O último Pazo atravesado polo Camiño Portugués, e pola Ruta do Mar de Arousa, abre as súas portas por primeira vez nos seus máis de 300 anos de apaixonante historia.

O Pazo, xoia barroca compostelá fundada polo xenovés Marqués de Piombino en 1705, está construído sobre o canón do Río Tinto, afluente do Sar, e compón un entorno arquitectónico e natural espectacular. Nel pódense visitar o legado da primeira fábrica de papel de Galicia, a Real Fábrica de papel do Faramello(1712) o retablo da capela (1739) realizado polo mestre do barroco galego José Gambino, nacido no pazo, pasear polo sendeiro tradicional do Camiño de Santiago que corre paralelo ás fervenzas naturais do río troiteiro e cristalino entre unha fragua galega en excelente estado de conservación e en permanente recuperación e cunha biodiversidade fascinante, contemplar os magníficos xardíns decimonónicos do Faramello, recentemente incluídos na Guía de grandes xardíns de Galicia, admirar unha lendaria rocha máxica da cultura celta alcumada “As tetas dá posadeira”, e moitos segredos máis que este lugar fascinante esconde…

VISITAS:

Todos os días ás 12h, 17h e 19h

Imprescindible reservar. Teléfono: (+34) 675 041 555

Duración: 1,15h

Prezo: 10€

Nenos gratis ata 12 anos.

 


Datos de contacto

Enderezo:
Pazo do Faramello S/N, 15980 Rois
GPS:
42.809218240093, -8.6308578036924
Móbil:
675 04 15 55
Web:
http://www.pazofaramello.com

Os comentarios están pechados.