Pazo da Hermida

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura civil >  Pazo da Hermida
Imaxe

O pazo da Hermida é patrimonio histórico coa categoría de monumento. É un dos lugares máis representativos de Dodro. Tivo a súa orixe no século XII coa construción das torres de Lestrove, con función defensiva da Ría de Arousa.

Foi casa señorial da fidalguía galega, con escudo brasonado e íntimamente ligada a nosa literatura ao ser a Casa da liñaxe dos Hermida, onde a escritora Rosalía de Castro e o seu home Murguía pasaron grandes tempadas. O pazo foi tamén testemuña do Pacto de Lestrove, que acordou a constitución da Federación Republicana Galega, en 1930.

O pazo pode visitarse ao longo de todo o ano solicitándoo vía correo electrónico ou telefónicamente, con anterioridade.

 


Datos de contacto

Enderezo:
15.916 Lestrove - Dodro - (A Coruña)
GPS:
42.731993, -8.67097
Teléfono:
981 817 110 / 646 770 615
reservas@pazodehermidayluaces.com
Web:
http://www.pazodehermidayluaces.com

Os comentarios están pechados.