Ponte de Santiago

Está vostede aquí Portada  > Que visitar  > Arquitectura civil >  Ponte de Santiago
Imaxe

Ponte construída no 1852, substituíndo outra que foi arrasada pola enchente do río. Une a Trabanca, zona de barrios orixinarios, onde se atopa o Convento e a Fonte do Carme, co núcleo antigo de Padrón. Tamén na mesma rúa, podemos subir as escaleiras que nos levarán ao monte de San Gregorio, coñecido como Monte do Santiaguiño.

No seu extremo atopábase ata o século XIX a TORRE MOUCHA, chamada así polo lamentable estado en que a deixou a revolta Irmandiña no século XV (1476).


Datos de contacto

GPS:
42.739032, -8.662038

Os comentarios están pechados.