Restaurante Casa Ramallo

Está vostede aquí Portada  > Onde xantar  > Restaurantes >  Restaurante Casa Ramallo
Imaxe

Casa Ramallo é un dos restaurantes máis antigos de Galicia. En 1898 abriu como casa de comidas e dende aquela, catro xeracións da mesma familia esfórzanse cada día para que os seus clientes se sintan coma na casa.

A súas propostas son un trato amable e próximo, cociña sinxela, honesta e un contorno acolledor.

A cociña de Casa Ramallo baséase en produtos frescos de tempada, propios da rexión, elaborados con receitas sinxelas tradicionais e tratados con cariño.

Mariscos da ría, guisos caseiros, cociña tradicional galega e sobremesas elaboradas na casa.

Unha das especialidades é a lamprea, típica da zona e que cada ano se pesca de xaneiro a maio. En tempada prepáranse caza maior e menor.

Casa Ramallo está situada nun contorno rural, na poboación de Rois, a 18 km de Santiago de Compostela, na estrada que une esta cidade coa de Pontevedra.

Servizos:

  • Restaurante cunha ampla carta: cociña tradicional galega, mariscos frescos, guisos caseiros etc.
  • Cafetería aberta en horario de restaurante
  • Comedor climatizado
  • Terraza cuberta
  • Acceso para persoas discapacitadas
  • Ampla zona de aparcadoiro
  • Especialidades: cociña tradicional galega, guisos caseiros, mariscos da ría e lamprea en tempada.

 

 

 


Datos de contacto

Enderezo:
C/ Castro, 5 15911 - Rois A Coruña - España
GPS:
42.7594048, -8.6857933489063
Teléfono:
981 80 41 80
Fax:
981 80 41 80
casaramallo@hotmail.com
Web:
http://www.restaurantecasaramallo.com

Horario de apertura

Luns:
Cerrado
Martes:
13:00 a 16:00.
Mércores:
13:00 a 16:00.
Xoves:
13:00 a 16:00.
Venres:
13:00 a 16:00.
Sábado:
13:00 a 16:00.
Domingo:
13:00 a 16:00.

Os comentarios están pechados.