A apertura das igrexas padronesas para as visitas dinamiza o turismo

De maio a setembro, ambos incluidos, varias igrexas de Padrón teñen horario de apertura para visitas, tanto de peregrinos como de turistas. Así, a parroquial de Santiago e a de Iria-Flavia abren de dez da maña a unha da tarde e de cinco a nove, salvo a hora do oficio relixioso vespertino, durante o cal non se atenden as visitas. Pola súa parte, o santuario de A Escravitude abre para os grupos que o soliciten. E os tres templos se poden visitar de forma gratuita, tal e como destaca o sacerdote que os atende, Roberto Martínez Díaz, que explica que, aínda que sea fora do horario, «nunca se dejó de atender a ningún grupo».

Máis información en La Voz de Galicia