A devoción invade A Escravitude

Como cada 8 de setembro, o santuario da Escravitude, en Padrón, celebrou a festividade da súa Virxe con misas cada hora. Centos de devotos de Padrón, da comarca e de municipios limítrofes acudiron ata o santuario para renovar a súa fe na imaxe, asistir a un oficio relixioso, rezar unha oración, acender unha vela ou encargar unha misa que, posteriormente, oficiarase no templo padronés. Á unha da tarde celebrouse o oficio solemne, seguido da procesión polo atrio da igrexa coa imaxe da Virxe da Esclavitude, ademáis dun concerto de música de banda.

Máis información en La Voz de Galicia