A Igrexa de Santiago recibe a mais 46.000 visitantes no 2016

A Igrexa de Santiago de Padrón pechou o 2016 cun total de 46.846 persoas que a visitan ao longo de todo o ano. Así, o reflicte os datos facilitados polo párroco ao servizo de turismo da localidade xacobea.

O templo garda baixo o seu altar maior o Pedrón, ara romana, onde se amarrou a barca que traía os restos do apóstolo Santiago, tal e como narra a tradición xacobea. Principal razón pola que é unha visita obrigatoria en Padrón tanto por visitantes coma por peregrinos que fan o Camiño a Santiago.

Segundo os datos facilitados, o 55% das persoas que se achegan a visitar o Pedrón foron peregrinos de xeito individual, cun total de 25.801. Mentres que o 33% corresponde a visitas de grupos organizados (15.409 persoas) e o 12% visitas de turistas en forma individual.

En canto a súa procedencia un 52% dos visitantes son de orixe nacional, sendo Andalucía a Comunidade Autónoma co maior número de visitas, seguida de Madrid e Cataluña, fronte a un 45% do resto do Europa, principalmente de Portugal, Alemaña, Reino Unido e Italia por esa orde, e un 3% doutras partes do mundo, onde destacan países de América Latina, Estados Unidos e Xapón.

Por outra banda temos que resaltar a chegada tamén de visitantes de xeito individual ou en grupos que se achegan a  Padrón dende China, Australia ou algún pais africano.

A Igrexa de Santiago  está aberta durante todo o ano para recibir e atender a os milleiros de peregrinos e visitantes que se achegan á Vila.