A Xunta de Galicia e Small Stations Press publican a primeira edición en inglés de ‘Follas novas’

A proxección internacional da obra de Rosalía de Castro recibe un novo impulso coa primeira edición en inglés do poemario ‘Follas novas’, que acaban de publicar a Xunta de Galicia e o selo Small Stations Press no marco da colección Galician Classics.

Traducida pola canadense Erín Moure, a obra ‘New Leaves’ nace co obxectivo de contribuír a “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”, asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que esta mañá lle facía entrega ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, de varios exemplares do volume na sede da casa-museo da escritora, en Padrón.

Máis información en A Xunta de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *