Os cantos de taberna animarán maña 16 bares do casco histórico

A vila de Padrón acolle maña 12 de decembro, a partir das sete da tarde, a segunda edición do evento Cantos de Taberna. Así, 16 grupos de música tradicional actuarán en outros tantos bares do casco histórico padronés. Os establecementos participantes son: Airiños, Bámbola, Camelias, Capilla, Casa do Patín, Encontro, Esquina, Galicia, Pementeiro, Retrovisor, Rial, Rincón, Ruta Xacobea, Santiaguiño, Secreto do Viño e Siglo XX.

Os locais serán recoñecibles por un distintivo artesanal identificativo do evento, emulando aos antigos furanchos.

Mais información en La Voz de Galicia ou en Cantos de Taberna