Mais de 52.000 peregrinos pasaron por Padrón no 2016

Mais de 52.000 peregrinos chegaron o ano pasado a Compostela tras percorrer o Camiño Portugués, segundo datos oficiais do Xacobeo, que fala dun ano histórico de visitantes. Elo supón que, obrigatoriamente, pasaron por Padrón, como última parada da ruta portuguesa antes de Santiago. Esa afluencia de peregrinos notouse na vila rosaliana, especialmente, nos meses de verán, cando era posible ver a decenas deles camiñando en dirección á capital de Galicia.

Tamén o notaron os albergues da localidade, comezando polo público da Costanilla do Carme, que xestiona o Concello de Padrón. De acordo cos datos facilitados pola Oficina Municipal de Turismo, no albergue padronés pernoctaron o ano pasado un total de 8.840 peregrinos. A esta cifra hai que sumar os 906 que o fixeron en instalacións do propio convento e 1.803 no pavillón polideportivo do Campo del Souto, ao que recurre o Concello cando non hai prazas no albergue.

Mais información en La Voz de Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *